Os consumidores de produtos e servizos bancarios teñen unha serie de dereitos e garantías que os protexen contra posibles abusos ou malas prácticas por parte das entidades financeiras. Estes dereitos, por suposto, están debidamente recollidos na normativa vixente e nos contratos asinados coas propias entidades bancarias. Se quere repasar algúns dos dereitos máis importantes, facémolo a continuación dende Eva Esteban Díaz , o seu despacho coruñés especializado en dereito bancario.
O dereito á información
Os consumidores teñen dereito a recibir información clara, veraz, completa e actualizada sobre as condicións, custos, riscos e beneficios dos produtos e servizos bancarios que contratan ou que se lles ofrecen. Esta información debe facilitarse antes, durante e despois do contrato, e debe ser comprensible e accesible para o consumidor. De feito, a falta desta información clave é o que, en moitas ocasións, acabou prexudicando ás entidades bancarias e provocando sentenzas xudiciais que marcan a xurisprudencia.
O dereito á transparencia
Os consumidores teñen dereito a que os bancos apliquen as condicións pactadas nos contratos, sen modificalas unilateralmente nin introducir cláusulas abusivas ou desproporcionadas. Calquera entidade bancaria ou financeira deberá respectar tamén os tipos de referencia oficiais para o cálculo dos xuros, e non cobrar comisións ou gastos non xustificados ou que non fosen previamente informados ao consumidor.
Os consumidores tamén teñen dereito a reclamar
Como podemos confirmar dende o noso despacho de avogados da Coruña, os consumidores teñen dereito a presentar reclamacións ou queixas ante os bancos cando consideren vulnerados os seus dereitos ou recibiron un tratamento inadecuado. Os bancos deberán contar cun servizo de atención ao cliente que resolva as reclamacións nun prazo máximo de dous meses. Se o consumidor non está satisfeito coa resposta do banco, pode acudir ao Banco de España, ao Defensor do Pobo ou aos tribunais de xustiza.
Sabe cal é o dereito á protección contra produtos e servizos bancarios?
Os consumidores teñen dereito a que os seus depósitos e investimentos sexan protexidos polo Fondo de Garantía de Depósitos e polo Fondo de Garantía de Investimentos, respectivamente. Estes fondos cobren ata 100.000 euros por propietario e entidade en caso de quebra ou insolvencia do banco. Os consumidores tamén teñen dereito a que os seus datos persoais e financeiros sexan tratados de forma confidencial e segura polos bancos, e a que se lles informe sobre como se usan.
Coñecendo todos os puntos anteriores, se necesita o asesoramento ou a asistencia dun avogado especializado en produtos e servizos bancarios, só ten que poñerse en contacto con Eva Esteban Díaz na Coruña e atenderemos convenientemente o seu caso.